humanidade
humanidade
(< lat humanĭtāte)
-
s
f
Conxunto de todos os seres humanos.
Ex: As guerras poden destruír a humanidade.
-
s
f
Condición ou natureza humana.
Ex: Discutían sobre a humanidade e divindade de Cristo.
-
s
f
Calidade de humano.
Ex: Tes que o tratar con máis humanidade.
Antónimos: inhumanidade. -
s
f
Corpulencia dunha persoa.
Ex: Ó abrir a porta apareceu el con toda a súa humanidade.
-
s
f pl
Conxunto de estudios relacionados coas letras e con todas as outras actividades do espírito que exaltan os valores humanos.