Humberto de Liexa, santo
Humberto de Liexa, santo
Bispo de Maastricht e Liexa e evanxelizador das Ardenas. Patrón dos cazadores, dos cans de caza e dos gardas forestais, é avogoso contra a rabia, enfermidade tamén chamada “mal de santo Humberto”, e contra as serpes velenosas. Na iconografía viste hábito monacal negro e leva como atributo persoal: unha cruz na fronte. Ás veces pode ir acompañado por un cervo cunha cruz entre a cornamenta, un oso, amais dun cabalo, cans de caza, un falcón ou de cornos de caza. A súa festividade celébrase o 3 de novembro.