Huperzia
Huperzia
[PLANTA]
Xénero de fentos que pertence á familia das lycopodiáceas. Presenta un talo principal non diferenciado, dividido en ramas isotómicas. Esporofilos semellantes a trofofilos. As raíces forman xeralmente un ramallete basal. É un xénero cosmopolita, de temperaturas tropicais e temperadas, con preto de 300 especies das que aproximadamente 150 viven no neotrópico. A especie máis coñecida e H. saururus, á que se lle atribúen propiedades de afrodisíaco masculino e para a memoria.