Huygens, principio de

Huygens, principio de
[FÍS]

Principio segundo o que todo punto do espazo ao cal chega unha onda, convértese nun novo foco emisor de ondas secundarias, de maneira que a onda que vai avanzando é a resultante das producidas polos puntos que xa sobrepasou. Coa axuda deste principio, propuxo a teoría ondulatoria da luz.