Huygens-Fresnel, principio de

Huygens-Fresnel, principio de
[FÍS]

Principio enunciado por Fresnel en 1816 que permite explicar os fenómenos de difracción da luz e que é unha modificación do principio de Huygens. Consiste en supoñer que as ondas secundarias do principio de Huygens se propagan en todas as direccións, pero cunha amplitude que depende do ángulo entre a dirección de propagación da resultante e a dirección considerada.