Hyde, Edward

Hyde, Edward

Político inglés, conde de Clarendon (1609-1674). Membro do Parlamento desde 1640, foi conselleiro do futuro Carlos II de Inglaterra no exilio (1651-1660) e trala Restauración xefe de ministros (1660-1667). Acusado de traizón trala sinatura do Tratado de Breda (31.7.1667) co que acabou a segunda Guerra Anglo-holandesa, exiliouse en Francia. Foi o autor de The history of the Rebellion and civil wars in England begun in the year 1641 (1702-1704).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Dinto, Wilt

  • Deceso

    Lugar : Rouen