iafético -ca

iafético -ca

(< antropónimo Iafet)

  1. [RELIX/HIST]
    1. adx

      Relativo ou pertencente a Iafet ou aos seus descendentes.

    2. Descendente de Iafet.

    3. s m pl

      Conxunto dos descendentes de Iafet, terceiro fillo de Noé. A antropoloxía acientífica decimonónica, inmersa na interpretación bíblica da historia que explicaba a evolución da humanidade conforme aos acontecementos descritos nela, designaba con este nome os pobos leucodermos.

  2. adx [LING]

    Aplícase ao grupo de linguas que comprende algunhas linguas caucásicas e tamén algunhas indoeuropeas.

Palabras veciñas

iaddovii | IAEA | Iafet | iafético -ca | Iago | Ialomiţa | iámbico -ca