iafético -ca
iafético -ca
(< antropónimo Iafet)
-
[RELIX/HIST]
-
adx
Relativo ou pertencente a Iafet ou aos seus descendentes.
-
s
Descendente de Iafet.
-
s
m pl
Conxunto dos descendentes de Iafet, terceiro fillo de Noé. A antropoloxía acientífica decimonónica, inmersa na interpretación bíblica da historia que explicaba a evolución da humanidade conforme aos acontecementos descritos nela, designaba con este nome os pobos leucodermos.
-
adx
-
adx
[LING]
Aplícase ao grupo de linguas que comprende algunhas linguas caucásicas e tamén algunhas indoeuropeas.