Iago

Iago
[ONOM]

Antropónimo masculino. Aínda que podería derivar do medieval Diago/Diego (< Didacus), é máis probable que se trate dunha das evolucións galegas de Iacob, forma latinizada do nome do fillo do Cebedeo (en galego Xacob); xa que logo, compartiría orixe con Xacobe, Santiago, Xácome e Xaime. Coa anteposición da palabra santo naceu o composto Santiago, que é a forma común galega. Os portugueses, á parte de Santiago e Iago, teñen tamén o nome persoal Tiago, resultado da segmentación do composto en San Tiago. Ten a forma hipocorística Chago; Iago, antes de converterse en nome persoal, tense empregado tamén como forma familiar de Santiago. A súa festividade celébrase o 25 de xullo.

Palabras veciñas

IAEA | Iafet | iafético -ca | Iago | Ialomiţa | iámbico -ca | iambo