Ibárruri Gómez, Isidora

Ibárruri Gómez, Isidora

Política e dirixente comunista. Coñecida como Dolores Ibárruri a Pasionaria, tomou parte no I Congreso do Partido Comunista de España (1923) e foi elixida membro do Comité Central (1930) e do Comité Exectivo tralo IV Congreso (1932). Apoiou a constitución do Frente Popular e obtivo acta de deputada por Asturias nas eleccións de 1936. Durante a Guerra Civil levou a cabo un intenso labor de propaganda. Exiliada na URSS desde 1939, ocupou a secretaría xeral do partido entre 1942 e 1960, data na que se converteu na súa presidenta. En 1977 regresou a España e nas eleccións xerais de xuño foi elixida deputada por Asturias. Foi redactora de Mundo Obrero e escribiu varios libros de memorias. Recibiu o Premio Lenin da Paz.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Gallarta, Abanto Zierbena

  • Deceso

    Lugar : Madrid