Iberia
Iberia
Empresa española de transportes aéreos fundada en 1927 co nome de Compañía Aérea de Transportes Iberia, con participación de capital alemán. En 1931 adoptou o nome de Líneas Aéreas Postales Españolas (LAPE) e desde 1940 o de Iberia. En 1943 foi traspasada ao INI. Fortemente deficitaria, para sanear e afrontar a crecente liberalización do tránsito aéreo, reestruturouse e en 1989 formou un grupo con diversas compañías filiais, entre as que figuraba Aviaco. En 1990 converteuse en accionista principal de diversas compañías latinoamericanas. A súa saída a Bolsa en 2001 culminou o proceso de privatización da compañía.