IBBY
IBBY
Asociación non gobernamental fundada en 1953 en Zúric. Está formada por seccións pertencentes a máis de sesenta países, nas que se integran autores, ilustradores, tradutores, editores, xornalistas, mestres e bibliotecarios, interesados na edición e promoción do libro infantil. O seu secretariado e sede central están localizados en Basilea. Edita a revista Bookbird e outorga anualmente o Premio Hans Christian Andersen.