Icod de los Vinos
Icod de los Vinos
Municipio situado na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias (21.748 h [2001]). O turismo substituíu a viticultura como principal actividade económica. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de San Marcos (ss XVI-XVIII),o antigo convento de San Francisco, declarado Ben de Interese Cultural en 1986, a capela de estilo rococó portugués de Los Dolores, e un exemplar de drago milenario.