Ictino

Ictino

Arquitecto grego. Traballou e construíu con Calícrates o Partenón na Acrópole de Atenas, sobre a que escribiu un libro que se perdeu. Pericles encargoulle o proxecto do Telesterion en Eleusis pero trala caída deste modificáronse os seus planos. Pausanias atribúelle o templo de Apolo en Bassae, de estilo dórico.