itus

itus

(< lat ictu ‘golpe’)

  1. s m [MÚS]
    1. Acento principal inicial e final dunha frase musical.

    2. Mínimo acento rítmico ou impulso melódico da liña vocal, no canto gregoriano. Nas edicións da escola de Solesmes adóitase indicar cun episema vertical.

  2. [PAT]
    1. s m

      Nome que recibe toda manifestación morbosa repentina, ataque ou acceso.

    2. ictus apoplético

      apoplexía.

    3. ictus cardíaco

      Ictus acompañado de pulsacións que levantan visiblemente a rexión precordial.

    4. ictus meninxítico

      Ictus caracterizado pola contracción dos músculos da caluga, con acompañamento de cefalalxia, excitación, vómitos e sensibilidade do cranio á presión, a causa dunha hemorraxia imputable xeralmente á ruptura dun aneurisma cerebral.