Itúrbide Aramburu, Agustín de
Itúrbide Aramburu, Agustín de
Emperador de México (1822-1823) co nome de Agostiño I. Oficial do exército realista, asinou co líder rebelde o Plan de Iguala, que establecía a independencia de México. Asumiu a presidencia do Consello de Rexencia e en 1822 fíxose proclamar emperador, disolvendo o Congreso. A oposición de republicanos e liberais obrigouno a abdicar e exiliarse en Europa, de onde regresou en 1824 e foi fusilado.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Valladolid, Michoacán -
Deceso
Lugar : Padilla, Tamaulipas