id*

id*
s m [PSIC]

Estrato ou instancia da vida psíquica que, segundo a psicanálise, mantén unha relación integrativa, estrutural cos outros dous estratos, o ego e o superego, que se diferenciaron progresivamente do id no curso do desenvolvemento do individuo. Corresponde ao polo pulsional da personalidade e comprende o mundo innato, insconsciente dos instintos. Tende a descargar a tensión instintiva; esta é a base do permanente conflito ou transacción coas esixencias da realidade e da instancia represora ou superego.

Palabras veciñas

ICSID | íctico -ca | Ictino | id* | ida | Ida | ida