idiófono -na
idiófono -na
(< idio- + -fono)
adx e s
[MÚS]
Aplícase aos instrumentos musicais que producen o son pola vibración de todo o material que os forma, e non por unha parte do instrumento, xa sexa unha corda, unha membrana ou unha columna de aire. Entre os idiófonos, distínguense os de punteo (caixa de música), de rozamento (lámina vibrante), de vento (piano cantor) e de percusión.