idiolecto

idiolecto

(

s m [LING]

Xeito de falar específico dunha persoa. Este termo foi introducido por H. Paul (Prinzipien) e, posteriormente, recolleuno B. Bloch (1948) para converterse nun concepto habitual nas descricións estruturalistas (Trager, Hockett, Hall) para referirse a determinada variante examinada. Non obstante , para R. Jakobson, só se poden designar como idiolecto certos casos particulares, como a linguaxe do afásico ou o estilo dun escritor. Tamén se pode designar como idiolecto o conxunto de variacións persoais respecto a un estándar lingüístico (por exemplo, hábitos de pronuncia).

Palabras veciñas

idiófono -na | idioglosia | idiograma | idiolecto | idioma | idiomático -ca | idiomorfo -fa