Ienisei

Ienisei

Río de Asia, na Siberia Central, Rusia. Nace no Saián Oriental (Mongolia) e atravesa Siberia de S a N ata a súa desembocadura no mar de Kara, despois de percorrer 4.092 km e drenar unha conca de 2.580.000 km2. Polo seu caudal medio (17.000 m3/s) é o principal río de Rusia e o segundo da zona temperada, despois do Mississippi. Navegable na maior parte do seu percorrido (ata 3.000 km ao interior) o seu réxime é pluvionival, de xeito que rexistra o maior caudal entre maio e xullo e o menor entre decembro e marzo, a causa das xeadas invernais.