Ifixenia

Ifixenia
[ONOM]

Antropónimo feminino que ten a súa orixe no nome grego Ἰ φιγένεια ‘forte de natureza’, composto de iphi- ‘forte’ e de gen- ‘nacer’. Na mitoloxía grega, Ifixenia é unhas das fillas de Agamemnon. Hai dúas santas con este nome: unha virxe de Etiopia que se celebra o 21 de setembro, e unha monxa francesa, Ifixenia de St-Mathieu, que morreu en Orange (1794) como consecuencia da Revolución Francesa e que se celebra o 9 de xullo.

Palabras veciñas

ieniseiano -na | Ieorgilas, Emmanuil | Ife | Ifixenia | Ifixenia | Ifni | IFR