Ifni

Ifni

Territorio do SO de Marrocos situado no litoral atlántico (1.500 km2). O seu relevo costitúeno unha chaira litoral no sector occidental e un macizo montañoso, avanzada do Atlas, que ocupa a parte oriental. O clima é semidesértico no interior. A poboación é maioritariamente bérber. A principal entidade de poboación é a capital, Sidi Ifni. En 1476 Diego García de Herrera fundou un pequeno establecemento comercial, denominado Santa Cruz del Mar Pequeño, que foi destruído polos bérberes (1524). Territorio outorgado a España en 1860 e recoñecido por Francia en 1912, non foi ocupado ata 1934. Os grupos guerrilleiros marroquís conectaron coa oposición interna en Sidi Ifni e producíronse algúns enfrontamentos (1957), pero o goberno español restableceu a situación coa axuda francesa e converteuse nunha provincia española separada do Sáhara (1958). En 1969 España acordou con Marrocos a cesión do territorio.