Iglesia Caruncho, Emilio de la

Iglesia Caruncho, Emilio de la

Pintor e gravador. Formouse na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, onde se especializou en restauración, e estudiou a técnica do gravado con M. Castro Gil. Realizou, entre outras obras, retratos realistas. Profesor nas escolas de Artes e Oficios da Coruña e Madrid, foi conservador-restaurador do Museo Provincial de Belas Artes da Coruña, presidente da Asociación de Artistas da Coruña (1945-1947) e pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso

    Lugar : Madrid