Iglesia Española Reformada Episcopal
Iglesia Española Reformada Episcopal
Nome científico: [IERE]
Igrexa española fundada en 1880 por cristiáns disidentes da Igrexa de Roma, dirixidos por Joan Baptista Cabrera i Ibarz. Forma parte da Comuñón Anglicana, coa que comparte tradicións, orde e plena comuñón, aínda que ten características propias pola súa condición de española. Rexeita as doutrinas e prácticas alleas á Biblia, mantén a tripla orde do ministerio (bispos, presbíteros, diáconos), segue a liturxia hispánica, administra o Bautismo e a Cea do Señor como sacramentos, e celebra sínodos cada dous anos, formados polos ministros e polos membros das igrexas locais, elixidos nas súas congregacións.