Iglesias Brage, Francisco

Iglesias Brage, Francisco

Aviador. Formouse na Academia de Guadalajara, participou na Guerra de Marrocos e chegou a capitán en 1926. Realizou a travesía aérea Sevilla-Karachi (1928) e en 1929, co avión Jesús del Gran Poder, a do Atlántico Sur (1929), na que partiu de Tablada (Sevilla) coa intención de chegar ata Rio de Janeiro, pero a falta de combustible obrigoulle a aterrar en Bahia, despois de percorrer 6.746 Km en 43 horas. Dirixiu o primeiro continxente da Sociedade de Nacións na fronteira entre Colombia e Perú, na rexión de Leticia (1934), e ao tempo explorou a rexión en hidroavión. Tiña prevista unha expedición científica polo Amazonas que non puido realizar por causa da Guerra Civil, na que participou a carón dos sublevados. Trala guerra foi secretario xeral e técnico do Exército do Aire. Foi xefe de obras do aeroporto de Santiago de Compostela, co rango de tenente coronel, e dirixiu o proxecto para o aeroporto da Coruña, aprobado polo goberno en 1953. Presidiu o comité técnico de Iberia e o consello de administración de Talleres Aeronáuticos de Barajas. Recibiu, entre outros galardóns, a placa da Orden de Alfonso X el Sabio.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol

  • Deceso

    Lugar : Madrid