ígneo -a

ígneo -a

(< lat ignĕu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao lume.

  2. adx

    Que é da cor do lume.

  3. adx [XEOL]

    Aplícase ás rochas formadas polo arrefriamento e a consolidación de magmas que existen no interior da Terra, a presión e temperaturas elevadas. As rochas ígneas constitúen un grupo que inclúe as rochas intrusivas (ou plutónicas) e as extrusivas (ou volcánicas).

Palabras veciñas

Ignarro, Louis J. | Ignatovitch, Boris | ignavia | ígneo -a | igni- | ignición | ignícola