ígneo -a
ígneo -a
(< lat ignĕu)
-
adx
Relativo ou pertencente ao lume.
-
adx
Que é da cor do lume.
-
adx
[XEOL]
Aplícase ás rochas formadas polo arrefriamento e a consolidación de magmas que existen no interior da Terra, a presión e temperaturas elevadas. As rochas ígneas constitúen un grupo que inclúe as rochas intrusivas (ou plutónicas) e as extrusivas (ou volcánicas).