ignorancia

ignorancia

(

  1. s f

    Estado do que é ignorante.

    Ex: Vive na ignorancia.

    Antónimos: coñecemento. Confrontacións: incultura.
  2. s f

    Feito de ignorar.

    Ex: A ignorancia das demais culturas provoca o seu desprezo.

    Antónimos: coñecemento. Confrontacións: descoñecemento.

Refráns

  • A ignorancia é moi confiada.
  • A ignorancia está en non crer o que puido ser.
  • Dá Deus sama a quen non sabe rascala.
  • Da ignorancia sae ás veces a desconfianza.
  • Ignorancia é negar o que se pode ver e mirar.
  • Non hai nada tan atrevido coma a ignorancia.
  • O que non sabe fai coma o que non ve.
  • Sabe o sabio que non sabe e o parvo pensa que sabe.
  • ¿Se o pano é verde ou o pano é negro, qué sabe o cego?

Palabras veciñas

ignívomo -ma | ignominia | ignominioso -sa | ignorancia | ignorante | ignorar | ignoto -ta