Igrexa

Igrexa
[ONOM]

Apelido de orixe toponímica que procede da voz latina ecclesia. Este apelido coa preposición de -neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a-, indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicaba (Da Igrexa, Da Eirexa, Da Airexa ou Da Irexa), empregáronse como apelidos toponímicos ata o s XVII. Na actualidade, sen embargo, non se conservan na antroponimia formas galegas derivadas deste étimo debido ao proceso de castelanización ao que se viu sometida a onomástica galega desde finais do s XV. Documéntase no s XVI: “Maria d’Eygreja” (doc 1519 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 555). No s XIX atéstase por primeira vez a forma castelanizada en plural Iglesias, usada daquela como apelido administrativo.