illacionismo
illacionismo
(< ingl isolationism)
s
m
[POLÍT]
Tendencia política que propugna o illamento dun país respecto dos compromisos políticos internacionais. O termo isolationism, foi cuñado en EE UU e tiña por obxecto manter a nación lonxe dos conflitos nacionalistas das potencias europeas. A doutrina Monroe (1823) significou un novo paso na aplicación deste principio, observado estritamente despois da Guerra de Secesión (1861-1865) ata a Primeira Guerra Mundial. A internacionalización en todos os campos (político, económico, militar) fixo inviable esta práctica, que apenas se levou a cabo a causa de circunstancias excepcionais, e aínda así parcialmente, en países como Albania.