illador -ra

illador -ra

(< 1 illar)

  1. adx

    Que illa.

    Sinónimos: illante.
  2. [ENX]
    1. s m

      Peza de material dieléctrico que serve de soporte aos condutores. Para as liñas aéreas hai illadores ríxidos ou de soporte e de suspensión ou cadea, constituídos por porcelana ou vidro. As instalacións interiores xeralmente son de soporte, e están constituídos por porcelana ou aglomerados a base de resinas sintéticas.

      Confrontacións: illante.
    2. illador de ángulo

      Illador que consiste nun tubo de porcelana angular que serve para cambiar a dirección dun condutor en ángulo recto.

    3. illador de antena

      Illador en forma de oito estilizado que se utiliza para soster antenas e catenarias.

    4. illador de campá

      Illador con forma de campá.

    5. illador de dobre retención

      Illador formado por dous illadores de lado que soportan dúas ramas contiguas dunha mesma liña eléctrica, e permiten darlle continuidade ou interrompela nese punto.

    6. illador de polea

      Illador con forma de polea, de pequenas dimensións, que se utiliza nas instalacións domésticas. As máis grandes empréganse en liñas de transporte eléctricas.

    7. illador de retención

      Illador que serve para suxeitar as cabezas das liñas que aguantan a tensión horizontal ademais do peso vertical.

    8. illador de suspensión/de cadea

      Illador xeral formado por diversos elementos iguais, adecuado para tensións de servicio superiores aos 66 kV. A rixidez depende da distribución do potencial ao longo da cadea. Dado que resulta moi difícil poder conseguir unha distribución uniforme do potencial ao longo de toda a cadea, colócanse uns dispositivos en forma de bandas ou de aneis torais, que uniformizan o potencial e protexen o illador contra sobretensións, principalmente de orixe atmosférica.

    9. illador de tensión

      Illador que leva aparellado un tensor. Pódese considerar un illador de retención.

    10. illador ríxido/de soporte

      Illador formado por dous ou máis elementos cimentados entre eles. Para seccionadores e como soporte de barras de instalacións interiores, son construídos con cubertas metálicas co fin de poder fixar as portabarras. Utilízanse a 66 kV.

Palabras veciñas

illacionismo | illacionista | illado -da | illador -ra | illamento | Illampu, Nevado de | Illán