illamento
(< 1 illar)
-
s
m
Acción e efecto de illar ou illarse.
-
s
m
Situación na que se encontra algo ou alguén que está illado.
Ex: O illamento do lugar favorece o mantemento dos seus costumes.
-
[CONSTR]
-
s
m
Conxunto de elementos que contribúen a illar.
-
illamento acústico
Illamento destinado a evitar o paso de sons entre ambientes veciños. A propagación diminúe cando se efectúa sucesivamente a través de materiais de elasticidade diferente como son o aire e a retícula de material esponxoso. Pero no caso do illamento acústico intervén outro factor: a propagación sonora varía segundo a lonxitude de onda do son. Así, para frear os sons agudos convén usar materiais porosos, mentres que cando se trata de sons graves convén a interposición de masas que, polo seu peso, son difíciles de poñer en vibración. Por iso, os illamentos acústicos supoñen a colocación de materiais pouco elásticos (como as láminas de chumbo) acompañados de materiais porosos. Considérase que un illamento de 50 dB a 1000 Hz é o mínimo recomendable para as paredes exteriores dun cuarto, e de 30 a 50 dB para as interiores.
-
illamento térmico
Illamento destinado a frear o paso de calor a través dos cerramentos dun edificio para facilitar a conservación da súa temperatura interior. A eficacia deste illamento representa un aforro de enerxía que se pode absorver ao producir calorías. Para conseguir un illamento cómpre protexer os paramentos que pechan o local que se vai illar con materiais de características porosas, é dicir, formados pola unión de celas de paredes delgadas cheas de aire (ou algún outro gas), que é un bo illante. O feito de ser un gas fai que presente fenómenos de convección que facilitan o transporte de calorías. Cando este aire (ou gas) queda moi compartimentado, prisioneiro dentro das celas dun material poroso, os fenómenos de convección só se poden presentar no interior de cada cela, e por isto os materiais illantes son moito máis pequenos, como as celas que as forman. Os materiais máis comunmente empregados son a cortiza, a fibra de vidro, o cemento celular e os materiais esponxosos formados por diversas resinas sintéticas: poliestirenos, urea-formol, fenol-formol, poliuretanos, etc. Cando se trata de illar un local dun ambiente exterior máis quente, prodúcese un fenómeno subsidiario que cómpre vixiar. O local arrefriado ten, resultado da refrixeración, un grao de humidade máis baixo ca o exterior, e como consecuencia hai unha migración de vapor de auga atmosférico desde a cara quente á fría do illante, que se cobre de auga e perde as súas propiedades. Por tanto, nestes casos é moi importante a colocación dunha barreira contra o paso do vapor de auga. Se o local que se vai illar recibe directamente a radiación solar, é tan importante frear a entrada de calorías por contacto co aire exterior, como evitar que se quente por radiación o paramento orientado cara ao sol. Neste caso convén pintar esta superficie con cores claras ou protexelas con materiais reflectores. O grao de illamento varía segundo a densidade e o coeficiente de condutividade térmica do material empregado.
-
s
m
-
s
m
[ENX]
-
Incomunicación entre dous condutores ou dúas partes condutoras, de maneira que non poida haber paso de corrente dun a outro. Dado que o illamento perfecto non existe, exprésanse as propiedades dun illamento real mediante a resistencia de illamento, medida nunhas condicións específicas, entre dous condutores separados por un illante.
-
Conxunto dos illantes que forman parte dun aparato ou máquina para illar os seus condutores.
-
Conxunto das propiedades adquiridas por un condutor illante.
-
-
s
m
[XEN]
Imposibilidade de hibridación entre dúas poboacións da mesma especie de organismos ocasionada por barreiras de diversa natureza. O illamento pode ser ocasionado por obstáculos xeográficos (mares, montañas, etc) que separen as dúas poboacións (illamento xeográfico) ou porque a maduración sexual é en épocas diferentes (illamento fisiolóxico); por diferencias de comportamento (illamento etolóxico), por exemplo: hábitos diúrnos ou nocturnos.
-
s
m
[PSIC]
Mecanismo de defensa do eu que consiste na separación dunha motivación, unha representación ou un acto do seu contexto.
-
s
m
[PAT]
Reclusión dun individuo en si mesmo, que conleva unha incomunicación practicamente total cara aos outros.
-
s
m
[MED]
Acción de illar determinados enfermos durante o período contaxioso da enfermidade para evitar o contaxio.
-
cura de illamento
[MED]
Medida terapéutica que consiste en illar o enfermo internándoo nun establecemento axeitado onde permanecen no leito, en silencio, con alimentación especial e aplicándolle psicoterapia.
-
s
m
illamento directo
[MICROB]
Método que consiste en separar dun inóculo polimicrobiano certas especies bacterianas e deixalas crecer libremente nun medio sólido.