Illescas

Illescas

Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado na comarca de La Sagra (11.948 h [2001]). A agricultura é a base da súa economía, da que destacan o cultivo de millo e as oliveiras. A gandería e a industria complementan a súa economía. Do seu patrimonio cultural destaca o xacemento arqueolóxico de El Cerrón, declarado Ben de Interese Cultural en 1992, a igrexa da Asunción de Nuestra Señora, BIC desde 1920, e o hospital de Nuestra Señora de la Caridad, BIC desde 1969.