ILS

ILS
[TECNOL]

Sistema de radionavegación direccional empregado polos aeronautas para realizar a aproximación final á Terra sen referencias visuais exteriores. Foi adoptado pola ICAO en 1949. Consta de tres subsistemas: o localizador, que dá a guía de aliñación da pista, o de descenso, que dá o ángulo da traxectoria de aproximación, e o de radiobalizas, que indica, en cada momento, a distancia da aeronave con respecto á Terra.

Palabras veciñas

Ilorin | Ilos | ilóxico -ca | ILS | iluminable | iluminación | iluminado -da