iluminación

iluminación

(

  1. s f

    Acción e efecto de iluminar ou iluminarse.

  2. s f
    1. [FÍS]

      Acción de iluminar un local, un edificio ou unha rúa con luz artificial. A técnica que trata os aspectos teóricos e prácticos da iluminación en xeral denomínase luminotecnia. O nivel de iluminación necesario nun lugar depende da clase de traballo ou das características do ambiente. A iluminación producida por un foco de intensidade I nunha superficie puntual, situada a unha distancia r, e que forma un ángulo α respecto á dirección do fluxo, é E = (I/r2) cos α (lei do coseno). Segundo a proporción da luz que incide directamente sobre os obxectos, a iluminación é directa (do 90 ao 100%), semidirecta (do 60 ao 90%), difusa (do 40 ao 60%), semiindirecta (do 10 ao 40%) e indirecta (do 0 ao 10%). En 1807, despois dos intentos de F. A.Winsor en Alemaña, inaugurouse en Londres o primeiro sistema de iluminación con gas, segundo o sistema de Murdock (gas 3). Once anos despois París adoptou este sistema, que se estendeu por toda Europa, mentres que en EE UU foi máis corrente o uso do aceite. Co descubrimento da lámpada de incandescencia por T. A. Edison, a iluminación eléctrica substituíu á de gas. Despois, os sistemas de iluminación experimentaron un novo avance, coa utilización das lámpadas de descarga, de gran rendemento e longa duración.

    2. [FÍS]

      Magnitude fotométrica igual ao cociente entre o fluxo luminoso que incide nunha superficie e o valor desta superficie. A iluminación é, entón, E = dI/ ds. A unidade de medida é o lux e, ás veces, emprégase o fot.

    3. [ESPECT]

      Arte e técnica de iluminar un espacio escénico. O teatro da Ópera de París (1822) utilizou por primeira vez a luz de gas. A incorporación da luz eléctrica (1846) creou un problema de sombras, que non foi resolto ata 1883, coa utilización, no teatro da Scala de Milán, das luces de arco voltaico e os reflectores.

  3. s f
    1. Conxunto de luces que iluminan un lugar.

      Ex: A iluminación do comedor está composta por catro lámpadas.

    2. Cantidade de luz que hai nun lugar.

      Ex: Toda a casa ten unha iluminación insuficiente.

  4. teoría da iluminación [FILOS]

    Teoría epistemolóxica de santo Agostiño que afirma que a alma só pode coñecer a verdade grazas a un acto de iluminación directa de Deus que lle permite intuír o intelixible.

Palabras veciñas

ilóxico -ca | ILS | iluminable | iluminación | iluminado -da | iluminador -ra | iluminar