ilusionismo

ilusionismo

(

  1. s m [ESPECT]

    Arte de producir fenómenos que, aparentemente, contradín as leis naturais. Utilízanse, xunto coa habilidade manual, cartas e material especialmente preparado.

    Sinónimos: prestidixitación.
  2. s m [ARTE]

    trompe-l’oeil.

  3. s m [FILOS]

    Doutrina que limita ao fenómeno, considerado como un simple estado da propia consciencia, a certeza do coñecemento.

Palabras veciñas

iluminista | ilusión | ilusionar | ilusionismo | ilusionista | iluso -sa | ilusorio -ria