ilusión
(< lat ilusĭōne)
-
s
f
[FILOS/PSIC]
-
Error de percepción, de xuízo ou de razoamento provocado por unha aparencia.
-
Error de intrepretación dun dato ou contido sensible ou mental.
-
-
s
f
-
Esperanza sen fundamento real.
Ex: Viviu toda a vida de ilusións.
-
Entusiasmo ou alegría que se experimenta coa esperanza ou realización dalgunha cousa agradable.
Ex: Os cativos esperaban con ilusión a chegada das vacacións de Nadal.
-
-
ilusión monetaria
[ECON]
Recoñecemento subxectivo da estabilidade do valor do diñeiro sen ter en conta as variacións do seu poder adquisitivo. Considérase que unha unidade monetaria, ao manter un prezo fixo, conserva tamén o valor ao longo do tempo, pero esta aparencia agocha os efectos das variacións dos prezos dos outros bens.
-
ilusión óptica
[FISIOL/FÍS]
Fenómeno óptico consistente nunha percepción errónea das formas e as dimensións dun obxecto, debido á mala interpretación das imaxes que chegan aos ollos.