ilusión

ilusión

(< lat ilusĭōne)

  1. s f [FILOS/PSIC]
    1. Error de percepción, de xuízo ou de razoamento provocado por unha aparencia.

    2. Error de intrepretación dun dato ou contido sensible ou mental.

  2. s f
    1. Esperanza sen fundamento real.

      Ex: Viviu toda a vida de ilusións.

    2. Entusiasmo ou alegría que se experimenta coa esperanza ou realización dalgunha cousa agradable.

      Ex: Os cativos esperaban con ilusión a chegada das vacacións de Nadal.

  3. ilusión monetaria [ECON]

    Recoñecemento subxectivo da estabilidade do valor do diñeiro sen ter en conta as variacións do seu poder adquisitivo. Considérase que unha unidade monetaria, ao manter un prezo fixo, conserva tamén o valor ao longo do tempo, pero esta aparencia agocha os efectos das variacións dos prezos dos outros bens.

  4. ilusión óptica [FISIOL/FÍS]

    Fenómeno óptico consistente nunha percepción errónea das formas e as dimensións dun obxecto, debido á mala interpretación das imaxes que chegan aos ollos.

Palabras veciñas

iluminativo -va | iluminismo | iluminista | ilusión | ilusionar | ilusionismo | ilusionista