iluminismo

iluminismo

(

[RELIX]

Doutrina e movemento cristián, difundido principalmente na Península Ibérica, que sitúa a experiencia mística relixiosa por diante de calquera outro criterio de verdade. Construído sobre unha mística neoplatónica e cunha manifesta simpatía por todo o que supuxese unha redución da liturxia e da pregaria oficiais, o iluminismo consideraba a fe como experiencia mística, á que se chegaba por contemplación ou abandono, totalmente oposto a calquera clase de voluntarismo. A Inquisición de Toledo condenou, nun edicto de 1525, os seus principais dogmatizadores, Pedro Ruiz de Alcaraz, Isabel de la Cruz e Gaspar de Bedoya. Acusábaselles de heréticos e atribuíanselles toda clase de desordes sexuais. O iluminismo mantívose activo ata 1559, data da Censura de Melchor Cano aos Comentarios do arcebispo Carranza, acusado tamén de iluminista. Os principais centros de difusión do movemento, que se estendeu sobre todo entre conversos, foron Guadalajara, Toledo, Llerena e Sevilla e, nun segundo momento, Aragón e Nápoles.

Palabras veciñas

iluminador -ra | iluminar | iluminativo -va | iluminismo | iluminista | ilusión | ilusionar