imperial

imperial

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao emperador ou ao imperio.

    Ex: Dignidade imperial. Dominios imperiais.

  2. adx

    Que se considera superior a outros polas súas calidades.

    Ex: O máis apreciado é o té imperial.

  3. adx

    Aplícase á serie de conferencias convocadas pola coroa británica, celebradas entre 1887-1937 en diversas cidades do Imperio para tratar sobre problemas comúns.

  4. [NUMIS]
    1. adx

      Aplícase ás moedas de ouro antigas, entre as que destacan unha cuñada en Flandres e outra en Rusia.

    2. s f pl

      Moedas cuñadas en Roma por orde dos emperadores.