imperialismo

imperialismo

(< imperial)

s m [HIST/POLÍT]

Tendencia dun estado á constitución e mantemento dun imperio por medio da dominación territorial e a implantación económica e política. Referido nun principio á expansión territorial, o termo foi aplicado, co inicio da industrialización, á política económica expansionista. No s XIX o imperialismo manifestouse nos países europeos cun rigoroso sistema proteccionista nas colonias, que garantía o progreso da produción. No período de entreguerras estendeuse a oposición ao imperialismo nas sociedades colonizadas a través dos movementos nacionalistas, que foron logrando a independencia dos seus estados trala Segunda Guerra Mundial.