impronta
impronta
(
s
f
[ZOOL]
Proceso de fixación dun estímulo nas crías dalgúns animais tralo nacemento que lles permite recoñecer os seus proxenitores. Esta fixación é irreversible, e sucede ao longo dun período sensible, de duración variable, que unha vez transcorrido xa non pode acontecer. O estímulo pode ser visual (tamaño, cor) ou auditivo; se este non é parental, o animal asóciao de igual xeito cos seus proxenitores.