incauto -ta

incauto -ta

(< lat incautu)

  1. adx e s

    Que ou quen non ten cautela.

    Ex: Que incauto es deixando as chaves no coche! Quen foi o incauto que deixou o gas aberto?

    Sinónimos: imprudente.
  2. adx e s

    Que ou quen non ten malicia.

    Ex: Es tan incauta que cres canto din. Enganáronte coma un incauto.

    Sinónimos: inocente.