incrustación

incrustación

(

  1. s f

    Acción e efecto de incrustar ou incrustarse.

  2. s f [ARTE]
    1. Acción de adornar algunha cousa con pedras, metais ou outros obxectos semellantes, encastados en entalladuras practicadas na superficie. Incrústase o mármore en pedras máis bastas, e os metais preciosos, o marfil, a nácara ou a madeira sobre madeira. Empregouse nas artes aplicadas de todas as épocas.

    2. Material incrustado nun obxecto.

  3. s f [PALEONT]

    Modo de fosilización dun corpo orgánico vexetal ou animal en contacto cunha substancia mineral calcaria ou silícea.

  4. s f [QUÍM]

    Depósito salino que se forma na superficie dos tubos ou outros recipientes, pola precipitación das sales nos líquidos que conducen ou que conteñen.

  5. s f [FISIOL]

    Depósito dunha capa mineral (calcaria ou silícea) sobre tecido orgánico. Por exemplo, o tecido óseo de vertebrados, as espículas de esponxas, etc.

Palabras veciñas

incriminar | incristalizable | incruento -ta | incrustación | incrustar | incuadar | incuado