incrustación
(
-
s
f
Acción e efecto de incrustar ou incrustarse.
-
s
f
[ARTE]
-
Acción de adornar algunha cousa con pedras, metais ou outros obxectos semellantes, encastados en entalladuras practicadas na superficie. Incrústase o mármore en pedras máis bastas, e os metais preciosos, o marfil, a nácara ou a madeira sobre madeira. Empregouse nas artes aplicadas de todas as épocas.
-
Material incrustado nun obxecto.
-
-
s
f
[PALEONT]
Modo de fosilización dun corpo orgánico vexetal ou animal en contacto cunha substancia mineral calcaria ou silícea.
-
s
f
[QUÍM]
Depósito salino que se forma na superficie dos tubos ou outros recipientes, pola precipitación das sales nos líquidos que conducen ou que conteñen.
-
s
f
[FISIOL]
Depósito dunha capa mineral (calcaria ou silícea) sobre tecido orgánico. Por exemplo, o tecido óseo de vertebrados, as espículas de esponxas, etc.