indición

indición

(< lat indictĭōne)

  1. s f

    Convocación a unha celebración, especialmente eclesiástica.

  2. s f [CRON]
    1. Período cronolóxico de quince anos, convertido, desde o s IV, nunha das notas cronolóxicas máis importantes nos documentos que, desde 313, se numeran de acordo con esta periodización. A indicción grega ou constantinopolitana comezaba o primeiro día de setembro, a de Beda o 24 do mesmo mes e a romana ou pontificia o 25 de decembro ou o 1 de xaneiro. Posto que esta última considera como o ano de orixe o 3 a C, no cómputo hai que engadir sempre a cifra de tres ao ano que se menciona.

    2. Cada un dos quince anos do período de indición.