indistinto -ta

indistinto -ta

(< lat indistinctu)

  1. adx

    Que non se diferenza doutra cousa.

    Ex: As súas afeccións non son indistintas das nosas.

  2. adx

    Que non sente preferencia por unha cousa máis ca por outra.

    Ex: É indistinto que compre unha chaqueta ou un xersei.

    Sinónimos: indiferente.
  3. adx

    Que non se distingue con claridade.

    Ex: Desde lonxe os postos da feira parecían indistintos.

  4. adx [ECON]

    Aplícase ao fondo ou conta postos a nome de dúas ou máis persoas, dos que poden dispoñer indistintamente.

Palabras veciñas

indisputable | indistinción | indistinguible | indistinto -ta | INDITEX | individuación | individual