inducido -da
inducido -da
(< inducir)
-
p reg
de inducir.
-
adx
Que está producido por indución.
-
adx
[MAT]
Dado un subconxunto B dun conxunto A, aplícase ás operacións, relacións ou particións que se poden definir en B como consecuencia das definidas en A.
-
s
m
[FÍS]
Parte dunha máquina eléctrica, unida magneticamente ao indutor, onde se xera unha fem por indución. O inducido é o rotor nas máquinas de corrente continua e o estator nas máquinas síncronas de corrente alterna.