indulxencia

indulxencia

(< lat indulgentĭa)

  1. s f

    Actitude indulxente.

    Sinónimos: benevolencia.
    1. s f [RELIX]

      Remisión outorgada pola Igrexa das penas temporais debidas polos pecados. Denomínase indulxencia plenaria se a remisión é total. A disciplina das indulxencias ten a súa orixe na práctica penitencial máis primitiva, que concedía a absolución aos pecadores despois de que estes se sometesen a penitencia pública. O Papa Gregorio I o Magno substitíu a penitencia por obras piadosas. A determinación das obras ou dos días de penitencia válidas para obter a indulxencia correspóndenlle ao papa e, por delegación, aos bispos. A peregrinación a Santiago de Compostela é motivo de concesión de indulxencias.

    2. cuestión das indulxencias / [HIST/RELIX]

      Controversia motivada polas 95 teses dadas a coñecer por Lutero o 31 de outubro de 1517. O documento, que tivo unha rápida divulgación e inmediatas réplicas, criticaba os vicios da Igrexa e, en particular, a concesión de indulxencias con fins recadatorios. Corenta e unha desas teses foron formalmente condenadas polo Papa León X en 1520.

Palabras veciñas

indulina | indultar | indulto | indulxencia | indulxente | indumentaria | indumentario -ria