inferior
inferior
(< lat inferiōre)
-
adx
Que está situado máis abaixo respecto a outra cousa.
Ex: O nivel do Mar Caspio é inferior ó do Mediterráneo. Está na parte inferior da columna.
-
adx
Que está situado a un menor nivel en canto a calidade, importancia, valor ou mérito.
Ex: Esta comedia é inferior á outra. A tea dese vestido é inferior á do traxe.
-
adx
Que é máis pequeno, voluminoso ou intenso.
Ex: Pediulle unha cantidade inferior á que pensas.
-
adx e s
Que ou quen está ás ordes doutra persoa ou pertence a unha clase social máis baixa.
Ex: Trata moi mal os seus inferiores.